FAQ
Consultas máis frecuentes.

A continuación móstrase a listaxe das consultas normativas máis frecuentes:

Subtitle: 
Consultas máis frecuentes.

Tabs_FAQ

ámbito territorial da actividade de xogo e normativa aplicable

  1. A concreción do ámbito territorial no que se vai desenvolver a actividade de xogo é fundamental en prol de determinar a normativa aplicable á devandita actividade, que pode ser esta de ámbito estatal ou autonómico.
    ?
  2. A actividade será de ámbito estatal cando se desenvolva en todo o territorio do Estado ou cando, de se desenvolver no territorio de varias comunidades autónomas, non se poida determinar a parte ou proporción da devandita actividade imputable a cada unha das comunidades autónomas que as realiza (por todas, vid. STC 35/2012). Nestes supostos, a normativa aplicable será a estatal.
    ?
  3. A actividade será de ámbito autonómico cando se desenvolva dentro dos límites territoriais dunha soa comunidade autónoma ou cando, de superar os límites territoriais da devandita comunidade, se poida determinar que parte ou proporción da actividade corresponde a cada unha das comunidades nas que se realiza a devandita actividade. Nestes supostos, a normativa aplicable será a da comunidade ou comunidades correspondentes en cada caso.

Actividades de xogo reguladas na Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo

Para os efectos da Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo (en diante, LRJ), a actividade de xogo é aquela na que se arriscan cantidades de di?eiro ou obxectos economicamente avaliables en calquera forma sobre resultados futuros e incertos, dependentes nalgunha medida do azar, e que permitan a súa transferencia entre os participantes, con independencia de que predomine neles o grao de destreza dos xogadores ou sexan exclusiva ou fundamentalmente de sorte, envite ou azar.

Polo tanto, para que unha actividade quede baixo o ámbito de aplicación da LRJ, debe reunir de xeito concorrente os tres seguintes elementos:

1.PAGAMENTO por participar. A participación debe realizarse a título oneroso.

Por iso, exclúense do concepto de actividade de xogo de azar todas aquelas actividades que, mesmo se reúnen os outros dous elementos da actividade de xogo, se realicen a título gratuíto.

2.AZAR na determinación do resultado.

O resultado sobre o que se arriscan as cantidades de di?eiro ou os obxectos avaliables economicamente debe ser futuro e incerto e depender nalgunha medida do azar. As regras de cada un dos xogos ou actividades de azar especificarán en que momento se somete ao azar a determinación do resultado.

Aquelas actividades nas que o azar non se articule como determinante nalgunha medida do resultado non se considerarán actividades de xogo (por exemplo: a concesión dun premio a través da valoración dun xurado nomeado ad hoc e con carácter previo á actividade).

3.PREMIO transferido ao participante ga?ador.

A consecuencia de resultar ga?ador nunha actividade de xogo é a transferencia ou incorporación ao patrimonio do participante ga?ador do di?eiro ou obxecto avaliable economicamente.? Os premios poderán ser en metálico ou especie dependendo da modalidade de xogo. Se non hai premio, non hai actividade de xogo de azar.

O contrato de xogo, as orientacións e as reclamacións e a atención ao participante

Requisitos e custos licenzas xerais

Consideracións xerais

1. Os interesados en desenvolver actividades de xogo non-ocasional deberán obter, con carácter previo ao desenvolvemento de calquera tipo de xogo, unha licenza xeral por cada modalidade de xogo que pretendan comercializar.

2. Así mesmo, a explotación de cada un dos tipos de xogo incluídos no ámbito de cada licenza xeral requirirá o outorgamento dunha licenza singular de explotación.

Requisitos e custos de obtención de licenzas xerais

3. A obtención de calquera licenza xeral realízase dentro dun procedemento de outorgamento de licenzas xerais establecido mediante unha Orde ministerial. Así, o actual prego de bases da convocatoria aprobouse pola Orde HFP/1227/2017, do 5 de decembro, publicada no Boletín Oficial do Estado do día 16 de decembro de 2017.

4. Neste prego especifícanse os requisitos que deben cumprir os solicitantes de licenzas no relativo a personalidade, capital social, obxecto social, etc.

5. Os solicitantes de licenzas deberán ser sociedades anónimas de Espa?a ou equivalentes dun país do Espazo Económico Europeo, cun capital social mínimo de sesenta mil euros e con obxecto social único a organización, comercialización e explotación de xogos.

6. Tamén se especifica a documentación que deben presentar os interesados xunto coas súas solicitudes de licenzas xerais, así como o Contido do Plan operativo que deben presentar os solicitantes e o contido do proxecto técnico do operador solicitante.

7. Os sistemas técnicos dos solicitantes deberán adaptarse ás previsións contidas no Real decreto 1613/2011, do 14 de novembro, polo que se desenvolve a Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo, no relativo aos requisitos técnicos das actividades de xogo, e na súa normativa de desenvolvemento, en especial na Resolución do 6 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, pola que se aproba a disposición pola que se desenvolven as especificacións técnicas de xogo, trazabilidade e seguridade que deben cumprir os sistemas técnicos de xogo de carácter non-reservado obxecto de licenzas outorgadas ao abeiro da Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo.

8. A presentación da solicitude de licenza xeral e da documentación adxunta deberá realizarse por medios electrónicos a través do procedemento previsto na Sede Electrónica da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo. O prazo de presentación de solicitudes, de acordo co disposto no prego de bases, expirará o próximo 17 de decembro de 2018, ás 13:00 horas.

Unha vez que se peche o prazo de presentación de solicitudes, xa non será posible presentar unha solicitude de obtención de licenza xeral ata que se publique unha nova convocatoria.

9. Os operadores interesados deberán achegar, no momento de presentación da solicitude, o documento que acredite a constitución da garantía vinculada a cada licenza xeral que se solicite. O importe das garantías é de dous millóns de euros para a presentación dunha solicitude de licenza xeral, agás para o caso de licenza xeral de concursos, que é de cincocentos mil euros.

10. En canto ás Taxas pola xestión administrativa do xogo pola presentación de solicitude de licenza xeral, estas serán as seguintes:

  • Taxa pola inscrición no Rexistro de Concurrentes: dous mil cincocentos euros pola solicitude de licenza xeral.
  • Taxa pola solicitude de licenza: dez mil euros pola solicitude de licenza xeral.
  • Taxa pola emisión de ditames técnicos: trinta e oito mil euros polo total de licenzas xerais que se presenten.
  • Taxa pola inscrición no Rexistro de licenzas: dous mil cincocentos euros pola solicitude de licenza xeral que finalmente se outorgue.

11. O prazo para a resolución das solicitudes presentadas é de seis meses contados a partir do día seguinte á súa presentación. O silencio administrativo terá efectos estimativos.

12. No prazo de catro meses contados a partir da data de outorgamento da licenza xeral, os operadores deberán presentar o informe de certificación definitiva dos sistemas técnicos do operador, na forma e condicións establecidas no Real decreto 1613/2011, de 14 de novembro, e na Resolución do 6 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, pola que se aproba a disposición que establece o modelo e contido do informe de certificación definitiva dos sistemas técnicos dos operadores de xogo e se desenvolve o procedemento de xestión de cambios.

Máis información en Licenzas de xogo

Requisitos e custos de obtención de licenzas singulares

Consideracións xerais

1. Os interesados en desenvolver actividades de xogo non-ocasional deberán obter, con carácter previo ao desenvolvemento de calquera tipo de xogo, unha licenza xeral por cada modalidade de xogo que pretendan comercializar.

2. Así mesmo, a explotación de cada un dos tipos de xogo incluídos no ámbito de cada licenza xeral requirirá o outorgamento dunha licenza singular de explotación.

Requisitos e custos de obtención de licenzas singulares

3. A Orde HFP/1227/2017, do 5 de decembro, prevé a posibilidade de que os interesados en presentar solicitudes de licenzas xerais poidan solicitar de forma simultánea licenzas singulares correspondentes a tipos de xogos vinculados a esas licenzas singulares. O eventual outorgamento destas licenzas singulares estará supeditado ao outorgamento da licenza xeral á que se encontren vinculadas.

4. En caso de que non se presenten as solicitudes de licenzas singulares de forma simultánea á de licenzas xerais, non será posible presentalas ata que se resolva o outorgamento destas últimas.

5. O procedemento para a solicitude de licenzas singulares regúlase na Resolución do 1 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, que establece o procedemento de solicitude e outorgamento das Licenzas Singulares para o desenvolvemento e explotación dos distintos tipos de actividades de xogo.

6. Non será precisa a constitución de garantías adicionais correspondentes ás licenzas singulares no momento da presentación das solicitudes.

7. En canto ás Taxas pola xestión administrativa do xogo á hora da presentación de solicitudes de licenzas singulares, estas serán as seguintes:

  • Taxa pola solicitude de licenza: dez mil euros pola solicitude de licenza singular.
  • Taxa pola inscrición no Rexistro de licenzas: dous mil cincocentos euros pola solicitude de licenza singular que finalmente se outorgue.

8. O prazo para a resolución das solicitudes presentadas é de seis meses contados a partir do día seguinte á súa presentación. O silencio administrativo terá efectos estimativos.

9. No prazo de catro meses contados a partir da data de outorgamento da licenza singular, os operadores deberán presentar o informe de certificación definitiva dos sistemas técnicos do operador, na forma e condicións establecidos no Real decreto 1613/2011, de 14 de novembro, e na Resolución do 6 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, pola que se aproba a disposición que establece o modelo e contido do informe de certificación definitiva dos sistemas técnicos dos operadores de xogo e se desenvolve o procedemento de xestión de cambios.

Máis información en Licenzas de xogo

Rifas permanentes ou non-ocasionais

Concepto de rifa

1. Enténdese por rifa aquela modalidade de xogo consistente na adxudicación dun ou varios premios mediante a realización dun sorteo ou selección por azar, entre os adquirentes de billetes, papeletas ou outros documentos ou soportes de participación, diferenciados entre si, xa foren de carácter material, informático, telemático ou interactivo, nunha data previamente determinada, e sempre que para participar sexa preciso realizar unha achega económica.

2. O obxecto da rifa pode ser un ben moble, inmoble, semovente ou dereitos ligados a estes, sempre que non sexan premios monetarios.

Concepto de rifa de carácter permanente ou non-ocasional

3. Enténdese por rifa de carácter permanente ou non-ocasional aquela que se realiza periódica ou permanentemente, ou que forma parte da actividade ordinaria dun operador de xogo, sempre que a súa periodicidade sexa inferior á anual.

Podo desenvolver unha actividade de rifa de carácter permanente ou non-ocasional?

4. O desenvolvemento de rifas de carácter non-ocasional ou permanente, como o de calquera outra actividade de xogo, requirirá a obtención previa das correspondentes licenzas xeral e singular, de acordo co establecido na Lei de regulación do xogo e na súa normativa de desenvolvemento.

5. Non obstante, no momento actual non se levou a cabo o desenvolvemento normativo da modalidade de rifas permanentes, polo que non resulta posible a organización e comercialización de Rifas non-ocasionais.

6. Polo tanto, de acordo coa normativa vixente no momento actual, a actividade de realización de rifas de carácter non-ocasional ou permanente terá a condición de prohibida.

Máis información en Rifas, xogo ocasional e combinacións aleatorias con fins publicitarios

Rifas ocasionais ou de carácter esporádico

Concepto de rifa

1. Enténdese por rifa aquela modalidade de xogo consistente na adxudicación dun ou varios premios mediante a realización dun sorteo ou selección por azar, entre os adquirentes de billetes, papeletas ou outros documentos ou soportes de participación, diferenciados entre si, xa foren de carácter material, informático, telemático ou interactivo, nunha data previamente determinada, e sempre que para participar sexa preciso realizar unha achega económica.

2. O obxecto da rifa pode ser un ben moble, inmoble, semovente ou dereitos ligados a estes, sempre que non sexan premios monetarios.

Rifa de carácter ocasional ou esporádico

3. Rifa ocasional ou esporádica é aquela que non se realiza periódica ou permanentemente ou, de existir periodicidade, esta é, como mínimo, anual, polo que se dan as seguintes circunstancias:

  • Ao ter periodicidade como mínimo anual, unha mesma persoa ou entidade só pode facer, como moito, unha rifa ocasional ao ano.
  • A realización de rifas non forma parte da actividade habitual da persoa ou entidade que as organiza.

4. Polo tanto, unha rifa ocasional será aquela que se realice de forma non-periódica ou como máximo unha vez ao ano, sempre que non forme parte da actividade ordinaria da entidade ou persoa que as organiza.

Procedemento para presentar a solicitude de autorización

5. O desenvolvemento de rifas de carácter ocasional requirirá a obtención previa da correspondente autorización.

6. Está prohibida a participación en actividades de xogo aos menores de idade, tanto na compra coma na comercialización dos soportes de participación. A participación dos menores nalgunha das fases da rifa poderá constituír unha vulneración da normativa en materia de xogo, que poderá implicar a correspondente sanción administrativa.

7. As solicitudes de autorización de rifas poderán ser presentadas por persoas físicas ou xurídicas cuxa actividade habitual non consista na realización de actividades de xogo.

8. As solicitudes presentaranse a través da Sede electrónica da Dirección Xeral, mediante o trámite denominado Solicitude de Autorización de Xogo Ocasional (Rifas). No caso de solicitudes presentadas por persoas físicas, poderá optarse pola comunicación coa Administración de forma non-electrónica, mediante a presentación das súas solicitudes e da documentación adxunta no Rexistro da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, rúa Atocha, 3, 28012, Madrid, de forma presencial ou a través do correo postal.

9. Na solicitude deberán constar os datos relativos á persoa, sociedade, entidade ou asociación que solicita a rifa, o seu enderezo para os efectos de notificación e unha solicitude para realizar actividades de publicidade, promoción ou patrocinio.

10. As solicitudes deberán achegarse coa documentación acreditativa dos seguintes extremos:

  • Documentación acreditativa da personalidade do solicitante, ou da súa capacidade de representación, cando a rifa se solicite en nome de entidades, empresas ou asociacións.
  • Documentación que xustifique que quen solicita a rifa se encontra ao corrente das obrigas fiscais e de Seguridade Social.
  • Documentación xustificativa da propiedade e a dispo?ibilidade do premio ou premios ofrecidos.
  • Bases da rifa, nas que deberán constar, entre outros, a descrición co necesario detalle do premio ofrecido, a súa valoración, a forma de venda e o prezo dos soportes de participación, e a data e forma do sorteo.
  • Modelo do soporte de participación.

11. Os documentos concretos que deben presentarse se encontran indicados na web da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo.

Réxime fiscal

12. A presentación de solicitudes de autorización de rifas ocasionais está gravada cunha Taxa pola xestión administrativa do xogo de 100 euros.

13. As persoas, físicas ou xurídicas, que realicen Rifas estarán suxeitas ao pagamento do imposto sobre actividades de xogo, e lles corresponde un tipo de gravame do 20% dos ingresos netos obtidos derivados da súa organización ou realización. Este tipo pode ser do 5% no caso de rifas declaradas benéficas ou de interese público.

14. Unha rifa poderá ser declarada de interese público cando quen a solicite sexa unha entidade inscrita e declarada de utilidade pública no Rexistro Nacional de Asociacións do Ministerio do Interior ou nun dos rexistros semellantes das comunidades autónomas. Igualmente, valorarase a declaración dunha rifa como rifa benéfica ou de interese público cando quen a solicite sexa unha entidade sen fins lucrativos e o destino previsto para os fondos sexa unha das actividades previstas para as entidades sen fins lucrativos na Lei de incentivos fiscais ao mecenado.

15. Así mesmo, a persoa física ou xurídica que desenvolva e comercialice a rifa estará obrigada ao cumprimento das obrigas xurdidas en materia do imposto sobre a renda das persoas físicas, en concreto, en relación coa obriga de practicar a retención correspondente ao ga?ador do premio. No momento actual, esta retención ascende ao 19% do valor de mercado do premio ofrecido na rifa.

16. Igualmente, a persoa física ou xurídica que organice e desenvolva a rifa deberá cumprir coas súas propias obrigas fiscais como consecuencia da posible perda ou ganancia patrimonial orixinada pola propia rifa.

17. A xestión, recadación, liquidación e inspección do imposto corresponderá á Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Máis información en Rifas, xogo ocasional e combinacións aleatorias con fins publicitarios

Actividades de afiliación

  1. ?A actividade de afiliación enténdese como a actividade de promoción ou captación de potenciais clientes para un operador de xogo.
    ?
  2. As empresas que realicen exclusivamente actividades de afiliación, sempre que non realicen o rexistro de clientes nin mante?an un contrato ou conta de xogo con estes, non terán que obter título habilitante.
    ?
  3. Os afiliados deberán constatar que quen solicite a inserción dos anuncios ou reclamos publicitarios dispón do correspondente título habilitante expedido pola autoridade encargada da regulación do xogo e que esta o autoriza para a realización da publicidade solicitada, polo que se absterá da súa práctica se carecese daquel. Para os efectos de obter a información relativa a operadores e títulos habilitantes obtidos, pode acudirse á web da autoridade encargada da regulación do xogo, que manterá a devandita información actualizada.
    ?
  4. Por último, é importante salientar que os operadores de xogo serán responsables pola infracción da normativa, e dos requisitos esixibles á actividade publicitaria e promocional do xogo, que cometan as empresas que desenvolvan a actividade de afiliación, cando a actividade publicitaria e promocional do xogo se faga por conta ou encargo daqueles.

?

Combinacións aleatorias con fins publicitarios ou promocionais

Definición e características principais

1. Unha combinación aleatoria con fins publicitarios ou promocionais (en diante, CAFPP) é un tipo de sorteo que cumpre con cada un dos seguintes requisitos:

a) Ten por finalidade promover ou publicitar un produto ou servizo de calquera tipo.

b) O participante só ten que consumir o produto ou o servizo que se publicita ou promove. é dicir, non existe ningún outro tipo de sobreprezo ou tarificación específica, máis alá do que deriva do consumo do produto publicitado ou promovido.

c) O sorteo en cuestión é aleatorio.

d) Como resultado do sorteo, o participante pode obter un premio, en metálico, especie ou servizo.

2. Para a realización dunha CAFPP, non se precisa a obtención de licenza ou autorización ningunha, nin a realización de comunicación previa á Dirección Xeral de Ordenación do Xogo.

3. En caso de que o sorteo que se queira realizar non cumpra todos os requisitos previstos no apartado 1, poderiamos estar ben ante unha actividade puramente mercantil ou civil, ben ante unha actividade de xogo regulada na Lei 13/2011, que podería precisar dunha autorización específica da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo.

4. En todo caso, a realización dunha CAFPP quedará sometida, ademais, ás normas xerais do dereito mercantil e civil que lles poidan resultar de aplicación, sen prexuízo do tratamento fiscal específico que se explica a continuación.

Consideracións específicas sobre determinadas CAFPP

5.? Cando todos os participantes no sorteo obte?an un premio e, ademais, este sexa idéntico para todos eles, non existe a aleatoriedade esixida ás CAFPP.? Neste preciso caso, tampouco existiría actividade de xogo sometida a autorización e supervisión da DGOJ, ao non existir azar.

6. Cando sexa un xurado que, con carácter previo á actividade, adxudique o premio, sen que exista ningún factor de sorte ou azar previo, complementario ou posterior á decisión ou ditame do xurado, non existe a aleatoriedade esixida ás CAFPP.

Tratamento fiscal

7. As persoas, físicas ou xurídicas, que realicen CAFPP están suxeitas ao pagamento do imposto sobre actividades de xogo, nas condicións e co tipo de gravame que se establece na Lei 13/2011.
O tipo de gravame é o 10% do importe total do valor de mercado dos premios ofrecidos ou vantaxes concedidas aos participantes.

A xestión, recadación, liquidación e inspección do imposto correspondente ás combinacións aleatorias con fins publicitarios ou promocionais corresponde á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

Para as solicitudes de liquidación administrativa do imposto, os organizadores dunha CAFPP deben dirixirse a calquera das delegacións ou administracións da AEAT.

A documentación requirida para formalizar a liquidación do imposto de actividades do xogo será a que fixe a AEAT. En todo caso, requírese, polo menos, a identificación da persoa física ou xurídica que resulte suxeito pasivo do imposto a título de contribuínte, un exemplar das bases da CAFPP e a xustificación da determinación do valor de mercado dos premios ofrecidos ou vantaxes concedidas.

Unha vez notificada a liquidación administrativa practicada, o pagamento deberá realizarse na forma e os prazos fixados pola AEAT.

8. Os ga?adores dun premio proveniente da participación nunha CAFPP deben declarar a devandita circunstancia na súa declaración do IRPF.

Os premios derivados dunha CAFPP constitúen un incremento patrimonial segundo o establecido na normativa vixente do IRPF.

Como consecuencia do anterior, os organizadores dunha CAFPP estarán obrigados á constitución das retencións correspondentes aos ga?adores, cando os premios que lles corresponderan individualmente superen o valor de 300 €.

Máis información en Rifas, xogo ocasional e combinacións aleatorias con fins publicitarios

Liquidación da taxa de xogo

O artigo 66 da Lei 22/2021, do 28 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022 actualiza os tipos de contía fixa das taxas da Facenda Estado, con carácter xeral, aplicando o coeficiente de 1,01 ao importe vencido durante o ano 2021 tendo en conta o o disposto no artigo 74 da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021.

Os importes esixibles en 2022 da taxa son os seguintes:

ANO 2022
a) A emisión de certificacións rexistrais.. 21,23
b)?A emisión de ditames técnicos de avaliación da conformidade de sistemas de xogo. 40.337,76
c)?As inscricións no Rexistro Xeral de Licenzas de Xogo establecido nesta Lei. 2.653,81
d)?A solicitude de licenzas. 10.615,20
d)?A solicitude de autorizacións. 106,15
e)?As actuacións inspectoras ou de comprobación técnica que ve?an establecidas, con carácter obrigatorio, nesta Lei ou noutras disposicións con rango legal. 5.307,60
f)?As actuacións regulatorias realizadas pola Comisión Nacional do Xogo sobre as actividades de xogo desenvolvidas polos operadores habilitados e suxeitas á supervisión desta entidade, destinadas a sufragar os gastos que se xeren pola citada Comisión. 0,75
por mil

?

------------------------------------

?

En relación coa liquidación da taxa pola xestión administrativa do xogo, prevista no artigo 49 da Lei 13/2011, de 27 de maio, de regulación do xogo e no marco do establecido na Orde HAP/1995/2014, de 29 de outubro, pola que se aproba o prego de bases que rexerán a convocatoria de licenzas xerais para o desenvolvemento e explotación de actividades de xogo da Lei 13/2011 aplicaranse os seguintes criterios:

A) No caso dun operador que na actualidade non ten ningunha licenza xeral, e solicita unha licenza xeral e X licenzas singulares, debe liquidar os feitos impo?ibles dos apartados b, c e d do art. 49.2 da Lei 13/2011 polos seguintes importes (no momento da solicitude):

a. Emisión de ditames técnicos de avaliación Número de ditames: 1 Cota: 38.000 IMPORTE INGRESAR: 38.000

b. Inscrición no Rexistro Xeral de Licenzas Número de licenzas (xerais) solicitadas: 1 Cota: 2.500 IMPORTE A INGRESAR: 2.500

c. Solicitude de licenzas ou autorizacións Número de licenzas solicitadas: 1+X Cota: 10.000 IMPORTE A INGRESAR: (1+X) 10.000

B) Operador que na actualidade non ten ningunha licenza xeral, e solicita dúas licenzas xerais e X licenzas singulares, debe liquidar os feitos impo?ibles dos apartados b, c e d do art. 49.2 da Lei 13/2011 polos seguintes importes (no momento da solicitude):

a. Emisión de ditames técnicos de avaliación Número de ditames: 1 Cota: 38.000 IMPORTE INGRESAR: 38.000

b. Inscrición no Rexistro Xeral de Licenzas Número de licenzas (xerais) solicitadas: 2 Cota: 2.500 IMPORTE A INGRESAR: 5.000

c. Solicitude de licenzas ou autorizacións Número de licenzas solicitadas: 2+X Cota: 10.000 IMPORTE A INGRESAR: (2+X) 10.000

C) Operador que xa conta cunha licenza xeral, e solicita agora unha licenza xeral diferente á que xa posúe e X licenzas singulares, debe liquidar os feitos impo?ibles dos apartados b, c e d do art. 49.2 da Lei 13/2011 polos seguintes importes (no momento da solicitude):

a. Emisión de ditames técnicos de avaliación Número de ditames: 1 Cota: 38.000 IMPORTE INGRESAR: 38.000

b. Inscrición no Rexistro Xeral de Licenzas Número de licenzas (xerais) solicitadas: 1 Cota: 2.500 IMPORTE A INGRESAR: 2.500

c. Solicitude de licenzas ou autorizacións Número de licenzas solicitadas: 1+X Cota: 10.000 IMPORTE A INGRESAR: (1+X) 10.000

D) Operador que xa conta cunha licenza xeral e solicita X licenzas singulares vinculadas á licenza que xa posúe, debe liquidar o feito impo?ible do apartado d do art. 49.2 da Lei 13/2011 polos seguintes importes (no momento da solicitude):

a. Solicitude de licenzas ou autorizacións Número de licenzas solicitadas: X Cota: 10.000 IMPORTE A INGRESAR: 10.000 X

Con independencia das liquidacións anteriores, que deben efectuarse coa solicitude das correspondentes licenzas, no momento de notificarse a Resolución de concesión de licenza provisional, requirirase ao operador de xogo correspondente, para que efectúe o ingreso da taxa do apartado c) do art. 49.2 en concepto de inscrición no Rexistro Xeral de Licenzas, por cada unha das licenzas xerais ou singulares concedidas, por un importe de 2.500 euros cada unha delas.

En relación co momento do deve?o do feito impo?ible previsto no apartado b) do artigo 49.2. da Lei 13/2011, este prodúcese coa solicitude de licenzas xerais en cada procedemento de convocatoria de licenzas xerais para o desenvolvemento e explotación de actividades de xogo da Lei 13/2011, e con independencia do número de licenzas xerais que se soliciten, de modo que:

  • Se un operador xa conta cunha licenza xeral outorgada no procedemento de 2012, debe abonar a taxa relativa á emisión de ditames técnicos de avaliación se solicita agora unha nova licenza xeral.
  • Se solicita unicamente unha licenza singular, non debe abonar a taxa relativa á emisión de ditames técnicos de avaliación, senón unicamente a taxa polo apartado d) do art. 49.2 da Lei 13/2011 en concepto de solicitude de licenzas ou autorizacións.

Finalmente, as cantidades referidas anteriormente poderán ser modificadas na Lei de orzamentos xerais do Estado para cada exercicio, de conformidade co artigo 49.6 da Lei 13/2011.

?

Alcance da prohibición de ofrecer apostas en eventos protagonizados por menores de idade

O 22 de xullo foi publicada no ?Boletín Oficial do Estado? a Resolución do 11 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, pola que se prohibe ofrecer apostas sobre eventos que sexan protagonizados exclusiva ou maioritariamente por menores de idade.

Nesta Resolución determínanse dúas regras específicas e diferenciadas entre si: unha para competicións dirixidas exclusivamente a persoas con 18 anos ou menos e outra para todos os eventos ofertados por un operador.

Un evento, tal e como se encargan de especificar as ordes ministeriais que regulan as modalidades de apostas reguladas, é un acontecemento, deportivo ou doutra clase, previamente determinado polo operador no seu programa e que se desenvolve no marco dunha competición deportiva ou doutro tipo ou á marxe dela. Esta Resolución afecta, polo tanto, as apostas sobre competicións ou eventos, pero non as apostas sobre feitos ou circunstancias que forman parte ou se desenvolven no marco daqueles, que se poderán ofrecer sempre e cando o evento ou a competición nas que se enmarquen estea permitido.

A continuación, explícase o modo no que estas dúas regras (competición e evento) deben ser aplicadas por aqueles operadores que estean a comercializar algunha das modalidades de apostas permitidas pola lexislación vixente.

  • Competicións dirixidas exclusivamente a persoas con 18 anos ou menos:

Neste caso, prohíbese ofrecer apostas sobre todos os eventos da devandita competición, pois neles existe un risco especialmente significativo de que a gran maioría dos eventos ofertados acaben sendo protagonizados por menores de idade.

  • Eventos protagonizados exclusiva ou maioritariamente por participantes menores de idade.

Esta regra debe aplicarse a todos e cada un dos eventos ofertados por un operador no seu programa de apostas, aplicando as seguintes regras interpretativas:

  • Os participantes nun evento son todos aqueles xogadores ou competidores que poden chegar a formar parte do devandito evento. A efectos prácticos, nas competicións por equipos este concepto incluirá todos os convocados ao evento en cuestión, é dicir, os titulares e os suplentes de cada un dos equipos involucrados no evento. Nas competicións individuais a precisión realizada non resultaría de aplicación na medida que nesta clase de competicións non existen, en principio, suplentes convocados ou clasificados para as distintas roldas ou eventos que a conforman.
  • Un evento está protagonizado maioritariamente por menores de idade cando nel te?en menos de 18 anos, polo menos, a metade máis un de todos os participantes no devandito evento, é dicir, cando máis do 50 % do total de xogadores convocados ao evento son menores de 18 anos.

Ofrécense a continuación algúns exemplos prácticos de aplicación desta prohibición:

  • Tenis: un partido de tenis individual non será protagonizado por menores de idade cando no devandito partido só un dos contendentes te?a menos de 18 anos. Un partido de dobres en tenis non será protagonizado por menores de idade cando nese evento só dous xogadores te?an menos de 18 anos.
  • Fútbol: un partido será protagonizado por menores de idade cando na convocatoria do devandito partido, dun total de 44 xogadores convocados (22 por cada equipo), polo menos 23 te?an menos de 18 anos.

Guía para a utilización de logotipos da DGOJ

En relación co uso do catro logotipos que a DGOJ pon a disposición pública, a normativa de xogo non establece expresamente un criterio sobre a súa utilización. Con todo, o significante deses logos está vinculado ao cumprimento de determinados obxectivos fixados pola Lei 13/2011, de 27 de maio, de regulación do xogo (LRJ) (como as políticas de xogo responsable e a protección do consumidores -art. 8.1-), ou de certas obrigacións vinculadas a eles (as prohibicións subxectivas de acceso ao xogo art. 6.2-; as reco?ecidas no prego de bases -art. 10.1.a-, ou a presentación dun plan operativo -art. 10.2). Estes obxectivos e obrigacións legais permítennos trasladar algúns criterios para o uso dos logotipos, e que van ligados á distinta finalidade á que responden cada un deles. Así:

Logotipos sobre menores de idade e a autoprohibición.

Correspóndense con prohibicións subxectivas para participar nos xogos regulados na Lei 13/2011 (aos menores de idade -art. 6.2.a LRJ-, e aos comunmente denominados “autoprohibidos” -art. 6.2.b LRJ-), e dispúxose a dispo?ibilidade dos mesmos a través da súa descarga tendo en conta que se considera recomendable a súa utilización polos operadores. Con iso perséguese ofrecer símbolos uniformes e inequívocos de utilización xeral no sector.

Logotipo do selo Juego Seguro.

O selo de "Juego Seguro" é unha marca creada pola DGOJ para que sexa utilizada unicamente polos operadores de xogo que te?an licenza estatal outorgada pola DGOJ para desenvolver actividades de xogo, e que supón unha garantía de que o xogo está regulado, supervisado e controlado por esta Dirección Xeral, e que asegura que o xogo é xusto, que os operadores legais son fiables e que se cumpren todos os requisitos de solvencia, seriedade e control que impón a lexislación de xogo do Estado, neste caso a Lei 13/2011, de 27 de maio e o seu desenvolvemento regulamentario. Neste caso, ese selo unicamente poderá ser utilizado polos operadores de xogo con licenza estatal, co que o seu uso aínda que facultativo é altamente recomendable para eses operadores. Por outra banda, as empresas que non obtivesen título habilitante (licenza ou autorización) outorgado polo Estado non poderán utilizar o selo "Juego Seguro" antes referido.

Logotipo do portal web jugarbien.es.

A titularidade do dominio en Internet https://www.jugarbien.es corresponde á DGOJ, e o seu contido responde o obxectivo da DGOJ de proporcionar información precisa e adecuada sobre as actividades de xogo, os principios de xogo responsable, a protección do consumidor e a prevención ou mitigación dos posibles efectos prexudiciais que poida producir o xogo sobre as persoas. Por iso, enténdese que a efectos das obrigacións de información establecidas no art. 8.1 LRJ (letras a, b e c), o uso dese logotipo e a súa ligazón é recomendable para os operadores, sen prexuízo de que poidan ampliar esa información a través doutros contidos que o operador estime oportuno incluír.

?

Sección coas consultas normativas máis frecuentes sobre o Real decreto 958/2020, do 3 de novembro

Os mecanismos aleatorios de recompensa (caixas botín) no marco da lei de Regulación do Xogo

La actividad de juego regulada por la Ley 13/2011, de 27 de mayo, de regulación del juego (en adelante, LRJ) es aquella en la que se arriesgan cantidades de dinero u objetos económicamente evaluables en cualquier forma sobre resultados futuros e inciertos, dependientes en alguna medida del azar, y que permitan su transferencia entre los participantes, con independencia de que predomine en ellos el grado de destreza de los jugadores o sean exclusiva o fundamentalmente de suerte, envite o azar. Los premios podrán ser en metálico o especie dependiendo de la modalidad de juego.

Por lo tanto, en términos generales, para que una actividad quede comprendida en el ámbito de aplicación de la LRJ, además de ser de ámbito estatal, debe reunir de manera concurrente los siguientes elementos: pago por participar, azar en la determinación del resultado y premio transferido al participante ganador.

Cuando una determinada actividad es susceptible de subsunción en el concepto de juego de la LRJ entonces resulta imperativo su sometimiento al marco regulatorio en ella previsto, lo que implica, entre otros aspectos que, salvo que esa actividad cuente con una reglamentación específica, está prohibida.

Esta definición legal, conocida y asimilada por todas aquellas entidades que desarrollan una actividad relacionada con los juegos de azar y las apuestas, es aplicable igualmente a las cajas botín, de tal modo que cuando el desarrollo operativo y comercial de un producto de esas características, desde su dise?o estructural hasta su uso efectivo por el jugador o jugadora, se ajusta a la misma, entonces tendrá la consideración de juego de azar en los términos previstos en la LRJ y en sus disposiciones de desarrollo.

Sin perjuicio de lo anterior, y a la luz de las características singulares de esta clase de productos, la compra y activación de un mecanismo aleatorio de recompensa tiene la consideración de una actividad de juego de las comprendidas en el ámbito de aplicación de la LRJ, siempre y cuando sus características estructurales y funcionales se ajusten a los siguientes parámetros:

  • Pago por participar en la activación del proceso aleatorio: la posibilidad de abrir una caja botín y adquirir su contenido debe realizarse en todo caso a título oneroso. En este sentido, se entiende que la compra de una caja botín debe realizarse de manera autónoma, es decir, desgajada, por ejemplo, de la compra del videojuego que sirve de base a la utilización de ese producto, o de los módulos DLC que pueden ir sumándose al videojuego a medida que despliega esta clase de funcionalidades, siempre y cuando esos módulos no tengan por finalidad esencial o exclusiva incorporar mecanismos aleatorios de recompensa al entorno de ese videojuego.
  • Azar en la determinación del resultado: la activación de una caja botín comprendida en el ámbito de aplicación de la LRJ, ha de implicar un elemento de aleatoriedad en la obtención de los objetos o recompensas que pueden liberarse tras su apertura. En otros términos, el premio virtual que se obtendrá tras utilizar una caja botín debe ser futuro e incierto y depender, en alguna medida, del azar. En este caso, resulta indiferente que el proceso aleatorio se dise?e con una estructura que simule un juego de azar o que, por el contrario, no se asemeje visualmente a ninguna de las modalidades de juegos de azar existentes hasta la fecha.?
  • Premio transferido al participante ganador: la consecuencia de abrir una caja botín es la obtención de un premio evaluable económicamente, y la transferencia o incorporación al patrimonio del participante ganador del mismo.?En todo caso, deben existir mecanismos, dentro o fuera del videojuego, que permitan articular un proceso de monetización del objeto o recompensa virtual que desemboque en la conversión efectiva de dicho premio en una moneda de curso legal.

Carece de relevancia si esa recompensa es una mejora de carácter cosmético en el videojuego o una ventaja de carácter competitivo para el jugador que la obtiene.