A continuación enuméranse os distintos tipos de xogos regulados actualmente. Debe salientarse que calquera modalidade de xogo non regulada é considerada prohibida:
? Relación de xogos con información despregable:
As apostas deportivas mutuas consisten no acerto do prognóstico formulado sobre o resultado dun ou varios eventos deportivos, ou sobre feitos ou circunstancias que formen parte ou se desenvolvan no marco de tales eventos ou competicións deportivas e que fosen previamente establecidos no correspondente programa polo operador do xogo.
Unha porcentaxe da suma das cantidades apostadas, previamente establecida nas regras básicas do xogo, distribúese entre aqueles participantes que, de conformidade co programa de premios, tivesen acertado.
As apostas deportivas de contrapartida consisten no acerto do prognóstico formulado sobre o resultado dun ou varios eventos deportivos, ou sobre feitos ou circunstancias que formen parte ou se desenvolvan no marco de tales eventos ou competicións deportivas e que fosen previamente establecidos no correspondente programa polo operador do xogo. O participante aposta contra o operador de xogo, sendo o premio o resultante de multiplicar o importe da participación polo coeficiente que o operador validase previamente para o prognóstico realizado.
As denominadas "outras apostas de contrapartida" son aquelas nas que o participante aposta contra o operador de xogo, obtendo dereito a premio no caso de acertar o prognóstico sobre o que se aposta, e sendo o premio o resultante de multiplicar o importe da participación polo coeficiente que o operador validase previamente para o prognóstico realizado.
A aposta realízase sobre o resultado dun ou varios eventos incluídos nos programas, ou sobre feitos ou circunstancias que formen parte ou se desenvolvan no marco de tales eventos e que fosen previamente establecidos no correspondente programa polo operador de xogo. Os eventos serán acontecementos relacionados coa sociedade, os medios de comunicación, a economía, os espectáculos, a cultura ou outros similares.
Enténdese por aposta hípica mutua o concurso de prognósticos sobre o resultado dunha ou varias carreiras de cabalos ou sobre feitos ou circunstancias que formen parte ou se desenvolvan no marco de tales carreiras e que fosen previamente establecidos no correspondente programa polo operador.
Unha porcentaxe da suma das cantidades apostadas, previamente establecida nas regras básicas do xogo, distribúese entre aqueles participantes que, de conformidade co programa de premios, tivesen acertado.
As apostas hípicas de contrapartida consisten no acerto do prognóstico formulado sobre o resultado dun ou varios eventos hípicos, ou sobre feitos ou circunstancias que formen parte ou se desenvolvan no marco de tales eventos ou competicións deportivas e que fosen previamente establecidos no correspondente programa polo operador do xogo. O participante aposta contra o operador de xogo, sendo o premio o resultante de multiplicar o importe da participación polo coeficiente que o operador validase previamente para o prognóstico realizado.
As apostas cruzadas son aquelas resultantes da casación de ofertas a favor e en contra realizadas polos participantes sobre un determinado evento e feito susceptible de aposta; o operador actúa unicamente como intermediario entre os participantes e garante das cantidades por estes xogadas. As apostas cruzadas baséanse nun coeficiente de aposta que determina a contía que o participante poderá ga?ar nas apostas cruzadas a favor ou a contía que o participante deberá arriscar nas apostas cruzadas en contra. Existen distintos tipos de apostas cruzadas segundo o obxecto da aposta: apostas deportivas cruzadas (sobre acontecementos deportivos), apostas hípicas cruzadas (sobre acontecementos hípicos) e outras apostas cruzadas (sobre eventos incluídos no correspondente programa do operador relacionados coa sociedade, os medios de comunicación, a economía, os espectáculos, a cultura ou outros similares).
O xogo de máquinas de azar é aquel en o que se tenta obter, nun tempo delimitado, unha combinación de signos ou representacións gráficas que, de conformidade coas regras particulares do xogo establecidas, resulte agraciada cun determinado premio. Non terá a consideración de xogo de máquinas de azar aquel cuxos elementos esenciais sexan propios doutros xogos xa regulados.
O xogo de Black Jack é un xogo de azar practicado con naipes, en que os participantes xogan contra o establecemento organizador, sendo o obxecto do xogo alcanzar vinte e un puntos ou achegarse a eles sen pasar dese límite. O importe dos premios que corresponderen aos participantes ga?adores e a súa determinación realizarase de conformidade co disposto na regulamentación básica e nas regras particulares do operador.
O xogo do bingo consiste en formar, nos cartóns ou tarxetas virtuais adquiridos polo participante, algunha das combinacións numéricas susceptibles de obter premio, que se obte?en mediante un sorteo celebrado para estes efectos e no que están presentes a totalidade dos números do xogo. A porcentaxe da recadación destinada a premios é establecida polo operador nas regras particulares do xogo, cun límite máximo de 150.000 €.
Os concursos consisten na obtención dun premio, en metálico ou en especie, que se adxudica a aquel participante que, de conformidade coas regras particulares, resulta ga?ador, sexa exclusivamente por azar, sexa pola superación de determinadas probas de competición, co?ecemento ou destreza nas que o azar interve?a de calquera modo e fase do desenvolvemento da actividade. A súa oferta, desenvolvemento e resolución desenvólvese por un medio de comunicación xa sexa de televisión, radio, Internet ou outro, sempre que a actividade de xogo estea conexa ou subordinada á actividade principal.
A participación realízase, ben directamente mediante un desembolso económico, ou ben mediante chamadas telefónicas, envío de mensaxes de texto ou calquera outro procedemento electrónico, informático ou telemático, no que exista unha tarificación adicional.
O xogo de Punto e banca consiste en alcanzar nunha man de naipes a suma de nove puntos ou unha suma que se achegue a eles sen pasarse e sexa superior ao valor da man que xoga a banca. O operador actúa como intermediario e garante das cantidades apostadas entre terceiros, detraendo as cantidades ou porcentaxes que previamente tivese fixado.
O xogo de póker é un xogo de cartas ou naipes no que varios xogadores se enfrontan entre si co obxecto de obter algunha das combinacións de cartas que, de conformidade co valor atribuído polas regras particulares do xogo e en relación ás combinacións obtidas polo resto de participantes que non se tivesen retirado da man, lle permita ga?ar o fondo do xogo ou a parte do mesmo que puidese corresponderlle.
O importe máximo das apostas está limitado na regulamentación do xogo.
O xogo da ruleta é aquel xogo de azar no que a posibilidade de ga?ar depende da coincidencia da aposta do participante co número, cor ou situación da casa na que se dete?a a representación dunha bóla que se pon en movemento dentro da representación dun disco horizontal xiratorio sostido por un eixe e dividido en casas radiais numeradas. O importe dos premios que corresponden polas apostas ga?adoras determinarase multiplicando o importe de cada unha das apostas ga?adoras polo coeficiente establecido para cada unha delas nas regras particulares do xogo establecidas polo operador.
Xogos complementarios son aqueles xogos de diversa natureza (que combinan o azar coa habilidade e a destreza, a cultura e os co?ecementos, etc.), e que te?en o denominador común de que a súa práctica non está baseada unicamente na obtención dun lucro económico, senón que nela predomina a diversión que proporcionan. O importe dos premios que corresponderen aos participantes ga?adores e a súa determinación realizarase de conformidade co disposto nesta Regulamentación básica e nas regras particulares do operador.
?