?
Para información técnica específica sobre as actividades de supervisión e control, pode consultar a sección dedicada para tal efecto na web da Dirección Xeral.
Corresponde á DGOJ velar pola integridade, seguridade, fiabilidade e transparencia das operacións de xogo, así como polo cumprimento da normativa vixente e das condicións establecidas para a explotación das actividades de xogo. No cumprimento da súa misión, as li?as de actuación básicas para o control da actividade de xogo son:
?
A DGOJ, na súa función de inspección, ha de vixiar, auditar e controlar todos os aspectos e estándares administrativos, económicos, procedementais, técnicos, informáticos, telemáticos e de documentación, relativos ao desenvolvemento das actividades de xogo. A supervisión e control dos xogos fundaméntase nas seguintes actividades:
A monitorización das actividades de xogo baséase principalmente na análise da información sobre as transaccións de xogo obtida de diversas fontes:
Para conseguir a máxima eficacia do sistema de información da DGOJ é fundamental a integridade e calidade dos datos. Para tal efecto, cada ano ponse en marcha un plan específico de control de calidade do dato co fin de garantir a completitude e a fiabilidade da información facilitada polos operadores. O resumo das actuacións realizadas recóllese na seguinte táboa.
Actuacións | 2016 | 2017 |
---|---|---|
Comunicacións realizadas aos operadores | 870 | 933 |
Incidencias abertas aos operadores | 1.169 | 953 |
Incidencias pechadas | 728 | 570 |
Consultas contestadas aos operadores | 50 | 60 |
?
Durante o 2017 producíronse as seguintes circunstancias de carácter excepcional na área de calidade dos datos do SCI:
A análise e tratamento da información sobre as transaccións de xogo permite a monitorización permanente do cumprimento de determinados requisitos relativos á protección dos xogadores que son considerados especialmente críticos, tales como os procedementos postos en marcha polos operadores para a verificación da identidade dos participantes, os mecanismos de control de acceso para impedir a participación de persoas que o te?en prohibido, como os menores e persoas inscritas no rexistro de prohibidos, e o desenvolvemento dunha actividade de xogo responsable.
En 2017 incorporáronse novos controis extensivos destinados a monitorizar os seguintes aspectos:
Completan a supervisión permanente as actuacións de revisión das plataformas de xogo dos operadores novos. Cada vez que un operador inicia unha actividade ou comercializa unha nova licenza singular, ponse en marcha un procedemento de revisión ad hoc do sistema técnico de xogo do operador baseado nun enfoque orientado a riscos.
Xogo ilegal | 2016 | 2017 | Total |
---|---|---|---|
Revisións de licenzas xerais | 7 | 1 | 8 |
Revisións de licenzas singulares | 29 | 4 | 33 |
?
Como consecuencia destas actuacións de supervisión, os requirimentos de información e comunicacións realizadas aos operadores son as seguintes:
Incidencias | 2017 |
---|---|
Control de rexistro de usuarios (duplicados, mal identificados, contas de xogo sen rexistro de usuario) |
8 |
Control de prohibidos | 26 |
Control de menores | 21 |
Superación de límites de depósitos | 18 |
Superación de límites de gasto na sesión de máquinas de azar | 20 |
Períodos de ampliación dos límites de depósitos | 5 |
Revisión do funcionamento do rexistro de usuario en novos operadores e dos límites de sesión en novos xogos de máquinas de azar |
5 |
Control do correcto funcionamento do bingo | 5 |
?
Recibíronse as seguintes denuncias relativas a operadores con título habilitante:
Motivos | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | Total |
---|---|---|---|---|---|
Bloqueo de contas e suspensións preventivas | 7 | 13 | 4 | 22 | 46 |
Cambio de cota, anulación de aposta ou non-pagamento de premios | 15 | 41 | 17 | 21 | 94 |
Prohibicións subxectivas | 2 | 3 | 4 | 8 | 17 |
Bonos e publicidade | 3 | 13 | 5 | 6 | 27 |
Límites de depósitos e apostas | 1 | 2 | 3 | 5 | 11 |
Manipulación de sistemas | ? | ? | ? | 4 | 4 |
Información ao xogador | 1 | 3 | 1 | 3 | 8 |
Non-aleatoriedade do xogo | ? | 2 | 3 | 3 | 8 |
Medios de pago | ? | ? | 4 | ? | 4 |
Redirección ao ".com" | ? | 1 | ? | ? | 1 |
Denuncia contra varios operadores | 3 | 1 | ? | ? | 4 |
Outros | ? | 3 | 1 | ? | 4 |
Total | 32 | 82 | 42 | 72 | 228 |
?
O detalle das denuncias dende o inicio do mercado regulado recóllese no cadro seguinte:
Denuncias | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | Total |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Denuncias recibidas | 10 | 39 | 32 | 83 | 40 | 72 | 277 |
Arquivadas | 10 | 16 | 26 | 54 | 74 | 63 | 243 |
En investigación previa | ? | 23 | 29 | 58 | 24 | 33 | 33 |
?
En canto aos resultados das denuncias recibidas e os procesos propios de supervisión permanente dos operadores, no seguinte cadro recóllese o detalle dende o inicio do mercado regulado:
Procedementos | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | Total |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Expedientes de comprobación iniciados | 7 | 33 | 9 | 21 | 7 | 11 | 88 |
Expedientes arquivados | ? | 10 | 2 | 8 | 4 | 2 | 26 |
Propostas de inicio de procedemento sancionador | ? | 17 | 13 | 7 | 5 | 2 | 44 |
?
Os operadores deben utilizar equipos e soporte lóxico de xogo debidamente homologados. A homologación dos sistemas técnicos de xogo baséase en informes de certificación de adecuación dos sistemas técnicos emitidos por laboratorios especializados na certificación da funcionalidade do soporte lóxico de xogo e por entidades especializadas en auditoría de seguridade informática previamente designadas pola DGOJ.
A homologación inicial dos sistemas realízase no marco do procedemento de concesión de licenzas xerais e singulares.
Indicadores | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | Total |
---|---|---|---|---|---|---|---|
N.o de solicitudes de homologación | 271 | 9 | 10 | 94 | 12 | 14 | 410 |
Número de homologacións concedidas (por licenza) | ? | 276 | 8 | 46 | 57 | 12 | 399 |
Número de homologacións denegadas (por licenza) | ? | 4 | 2 | ? | 1 | ? | 7 |
Número de homologacións en curso (por licenza) | 271 | ? | ? | 48 | 2 | 2 | 325 |
?
A partir da homologación inicial, a homologación dos sistemas técnicos de xogo mantense mediante a autorización previa dos cambios substanciais en elementos críticos, os informes trimestrais de cambios e as auditorías que se deben realizan cada dous anos.
Solicitudes | 2016 | 2017 |
---|---|---|
Novos xogos | 78 | 127 |
Novo provedor de SW de xogo | 6 | 27 |
Ruleta en vivo | 3 | 12 |
Migración de plataforma | ? | 10 |
Canles de participación | 10 | 9 |
Cambio maior de versión | 4 | 5 |
CPD | 3 | 5 |
Métodos de pagamento | ? | 3 |
Outros | 13 | 7 |
Total | 117 | 205 |
?
? | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 |
---|---|---|---|---|---|
Resolucións favorables de autorización de xestión de cambio substancial | 42 | 44 | 35 | 107 | 195 |
Resolucións de denegación de autorización de xestión de cambio substancial | 8 | 5 | 6 | 4 | 6 |
?
Por outro lado, durante?o primeiro trimestre do 2015 definiuse o contido do marco de auditoría bienal obrigatoria para os operadores de xogo, o cal quedou reflectido a través da publicación dunha nota técnica o 1 de abril de 2015.?
? | 2015 | 2016 | 2017 | Total |
---|---|---|---|---|
N.o de consultas | 132 | 57 | 80 | 212 |
?
Como consecuencia da promulgación da LRJ e da concesión de títulos habilitantes aos operadores de xogo en xu?o de 2012, os sitios web operados por entidades que non obte?an título habilitante en Espa?a deben cesar a súa actividade en territorio espa?ol.
Co fin de detectar posibles incumprimentos na implantación do devandito cesamento de actividades e de preservar o marco legal establecido, a DGOJ desenvolve diversas actuacións tendentes á erradicación no mercado espa?ol das actividades de xogo online realizadas sen título habilitante. As devanditas actuacións xiran arredor de dous grandes eixes que dan continuidade á estratexia establecida no ano 2013:
Unha das principais actuacións en relación ás actividades de xogo sen título habilitante é a formación dun censo de sitios web que sexan accesibles para xogadores conectados dende territorio espa?ol, co fin de identificar toda a oferta de xogo non autorizado, co?ecer o alcance da devandita oferta e o seu posicionamento de mercado. No devandito censo intégrase a información referida ao operador do sitio web, a natureza da actividade ofrecida e a súa inclusión ou non no ámbito de aplicación da LRJ, o índice de posicionamento no mercado de xogo online (índice Alexa), os idiomas vehiculares do sitio web (en particular o idioma espa?ol) e a admisión ou non de xogadores dende territorio espa?ol (identificados, ou non, como residentes en Espa?a).?
Ademais, unha vez censado un sitio web, este é obxecto dun seguimento periódico co fin de constatar a súa actividade en Espa?a e, se é o caso, o inicio dun expediente de información previa.
A elaboración do censo é unha actuación moi dinámica, obxecto de constantes engadidos e modificacións, e alberga unha lista dinámica de sitios web que actualmente non están operativos, como resultado das actuacións inspectoras efectuadas que se salientan a continuación ou polo seu propio devir comercial.
Webs pechadas | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | Total |
---|---|---|---|---|---|---|
Sen apertura de expediente pola DGOJ | 104 | 184 | 234 | 91 | 255 | 839 |
Con apertura de expediente pola DGOJ | 13 | 28 | 35 | 46 | 16 | 132 |
Total | 117 | 212 | 269 | 137 | 271 | 961 |
?
Cando un sitio web é obxecto de denuncia, queixa ou reclamación, ben por parte dun usuario ou ben por parte de calquera cidadán ou organización interesada no funcionamento legal, seguro e responsable do mercado de xogo online en Espa?a —así como cando as actividades de control do censo de sitios web de xogo ilegal po?en de manifesto a relevancia no mercado de xogo espa?ol da actividade realizada por un determinado sitio web que carece de título habilitante—, iníciase un procedemento de actuacións de información previa. O devandito procedemento consta das seguintes etapas principais:
O detalle dos expedientes de información previa dende o inicio do mercado regulado recóllese no cadro seguinte:
Xogo ilegal | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | Total |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Expedientes iniciados | 17 | 50 | 49 | 30 | 24 | 11 | 181 |
Propostas de inicio de procedemento sancionador | 17 | 16 | 20 | 20 | 13 | 16 | 102 |
Acordos de arquivo | ? | 4 | 13 | 3 | 6 | 3 | 29 |
Nas 16 propostas de inicio de procedemento sancionador, englobáronse un total de 17 portais web de xogo ilegal.
Aínda que é moi difícil a cuantificación do volume de xogo ilegal, posto que estamos nun mercado online que, pola súa propia natureza, é un ámbito sumamente amplo e dinámico, a DGOJ dende o primeiro momento realizou un permanente labor de inspección centrada inicialmente nas webs de maior relevancia no ámbito de Internet (utilizando o índice Alexa como referencia) e as que foron obxecto de denuncia por parte de usuarios, operadores ou asociacións de xogo, e os resultados obtidos po?en de manifesto que a loita contra o xogo ilegal está a obter unha resposta positiva, cun alto grao de efectividade entre os operadores do espazo europeo, aínda que non tanto respecto aos que se sitúan noutros territorios.
A actividade inspectora é unha actividade que continúa e evoluciona no tempo e que está a ser complementada co bloqueo de páxinas web efectuada polos operadores de acceso á rede.
Adicionalmente, no ámbito do soporte á actividade sancionadora realizáronse as seguintes actuacións:
Actividade sancionadora | 2015 | 2016 | 2017 | Total |
---|---|---|---|---|
Actas de verificación de interrupción da comercialización da actividade de xogo por parte do operador |
35 | 10 | 8 | 53 |
Informes de verificación do bloqueo de acceso aos portais web nos provedores de servizos da información |
2 | 3 | 2 | 7 |
A actividade de seguimento e control dos xogos de lotaría inclúe a investigación e persecución das actividades de comercialización ou participación na comercialización dos xogos de lotarías suxeitos a reserva en Espa?a, sen contar coa autorización do operador designado (SELAE ou ONCE), e das actividades de organización ou explotación de actividades de xogo que infrinxen o principio de reserva establecido no artigo 4 da LRJ.
Respecto á comercialización de lotarías non autorizadas, o número de denuncias e expedientes realizados recóllese na seguinte táboa:
Lotarías non autorizadas | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | Total |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Denuncias recibidas | 12 | 31 | 31 | 43 | 16 | 20 | 153 |
Expedientes iniciados | 9 | 17 | 13 | 7 | 2 | 1 | 49 |
Propostas de inicio de procedemento sancionador | ? | 1 | 7 | 1 | ? | ? | 9 |
?
No relativo á organización de xogos de lotarías que infrinxen o principio de reserva, a actividade realizada recóllese na seguinte táboa:
Realización de actividades | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | Total |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Denuncias recibidas | 8 | 22 | 51 | 44 | 15 | 6 | 146 |
Expedientes iniciados | 1 | ? | 4 | 4 | 2 | 1 | 12 |
Propostas de inicio de procedemento sancionador | ? | 1 | ? | 1 | ? | 3 | 5 |
?
A DGOJ, en abril de 2017, creou o Servizo de Investigación Global do Mercado de Apostas (SIGMA), co fin de colaborar na prevención e control da fraude, en particular na loita contra o ama?o de partidos, a protección da integridade do deporte e a ética deportiva, e a integridade nos mercados de apostas. As funcións do SIGMA son as seguintes:
?
Actuacións? | 2016 | 2017 | Total |
---|---|---|---|
Requirimento das FCSE | 4 | 18 | 22 |
Peticións de información complementaria FCSE | 2 | 121 | 49 |
Alertas recibidas sobre ama?os deportivos | 1 | 45 | 46 |
Actuacións de oficio | ? | 7 | 7 |
Total | 7 | 191 | 198 |
Nota: Aínda que SIGMA foi creado como unidade da DGOJ en 2017, en exercicios anteriores xa se realizaron actividades que posteriormente foron encadradas no seo da mencionada unidade
Na seguinte táboa móstrase o número de alertas por deporte:
Deporte | Número |
---|---|
Fútbol | 22 |
Tenis | 16 |
Bádminton | 3 |
Outros | 5 |
?
Así mesmo, a DGOJ mantén a colaboración coa AEAT no contexto do intercambio anual de datos en cumprimento do convenio asinado en 2014.
No 2017 procedeuse a tramitar 40 requirimentos realizados pola AEAT
?
?