LOTARíAS: actividades de xogo nas que se outorgan premios nos casos en que o número ou combinación de números ou signos, expresados no billete, boleto ou o seu equivalente electrónico, coinciden en todo ou en parte co determinado mediante un sorteo ou evento celebrado nunha data previamente determinada ou nun programa previo, no caso das instantáneas ou presorteadas.
O desenvolvemento, xestión e comercialización non ocasional de xogos de lotaría de ámbito estatal queda reservada aos operadores designados:
Sociedade Estatal Lotarías e Apostas do Estado, S.A. ?(S.M.E.) | Organización Nacional de Cegos Espa?oles (ONCE) |
---|---|
https://www.loteriasyapuestas.es | https://www.once.es |
Adherido ao servizo?Phishing Alert | Adherido ao servizo Phishing Alert |
?
Polo tanto, son estas dúas Entidades as únicas capacitadas para o desenvolvemento, xestión e comercialización non ocasional de xogos de lotaría de ámbito estatal, sen que sexa posible que outras Entidades ou persoas xurídicas soliciten ou obte?an licenza para a explotación non ocasional de xogos de lotarías.
Os xogos xestionados por ambas as dúas entidades poderán comercializarse en billetes, boletos ou calquera outra forma de participación cuxo soporte poida ser material, informático, telemático, telefónico ou interactivo, directamente ou a través de calquera establecemento da súa rede comercial externa.
Autorización para a comercialización non ocasional de xogos de lotaría:
A autorización para o desenvolvemento, xestión e comercialización non ocasional de xogos de lotaría, ou, no seu caso, a súa modificación, corresponde ao titular do Ministerio de Facenda, logo de solicitude do operador legalmente designado, que interese a autorización.
Autorización para a comercialización de xogos de lotaría de ámbito superior ao estatal:
Logo de solicitude do operador autorizado par a comercialización dos xogos de Lotaría, corresponde ao titular do Ministerio de Facenda a autorización, ou, no seu caso, a modificación da autorización concedida, para a comercialización de xogos de lotaría cuxo ámbito territorial non se limite en exclusiva ao do Estado, e en particular para:
Autorización excepcional para a comercialización ocasional de xogos de lotaría:
Con carácter excepcional, o titular do Ministerio de Facenda poderá autorizar o desenvolvemento, xestión e comercialización ocasional de xogos de lotaría que se desenvolvan por entidades sen fins lucrativos e finalidade benéfica.
As entidades sen fins lucrativos e finalidade benéfica interesadas no desenvolvemento, xestión e comercialización ocasional de determinado xogo de lotarías, deberán presentar a súa solicitude, que deberá conter:
E, ademais os seguintes datos:
Colaboradores na comercialización de xogos de lotarías.
As persoas, físicas ou xurídicas, ou entidades que participen na comercialización de xogos de lotarías, como, por exemplo,
deberán contar para o exercicio da súa actividade coa autorización expresa do operador designado para o desenvolvemento do xogo en cuxa comercialización participen.
No caso da Sociedade Estatal Lotarías e Apostas do Estado, S.M.E., S.A. (SELAE), os xestores da rede de vendas poderán comercializar os xogos por medios telemáticos, informáticos ou interactivos nas condicións que SELAE poida establecer. Así, SELAE poderá autorizar ao xestor para que inclúa nunha páxina web da súa titularidade e operada por medio dun nome de dominio asignado ao xestor, unha ligazón ou vínculo á propia SELAE, a fin de permitir a validación correspondente no sistema informático central de SELAE.?
Os que actúen sen contar coa referida autorización poderán ser sancionados como autores de infraccións moi graves ou graves segundo o réxime sancionador establecido na LRX.
RéXIME FISCAL
As persoas, físicas ou xurídicas, que desenvolvan, xestionen e comercialicen xogos de lotaría de ámbito estatal non estarán suxeitos ao pagamento do Imposto sobre actividades de xogo.
As persoas, físicas ou xurídicas, ou entidades que participen na comercialización de xogos de lotarías non estarán suxeitos ao pagamento do Imposto sobre actividades de xogo. Non obstante o anterior, o desenvolvemento da súa actividade quedará suxeita ás obrigas tributarias xerais de calquera persoa, física ou xurídica, que realice unha actividade económica.