Consideracións xerais
1. Os interesados en desenvolver actividades de xogo non-ocasional deberán obter, con carácter previo ao desenvolvemento de calquera tipo de xogo, unha licenza xeral por cada modalidade de xogo que pretendan comercializar.
2. Así mesmo, a explotación de cada un dos tipos de xogo incluídos no ámbito de cada licenza xeral requirirá o outorgamento dunha licenza singular de explotación.
Requisitos e custos de obtención de licenzas xerais
3. A obtención de calquera licenza xeral realízase dentro dun procedemento de outorgamento de licenzas xerais establecido mediante unha Orde ministerial. Así, o actual prego de bases da convocatoria aprobouse pola Orde HFP/1227/2017, do 5 de decembro, publicada no Boletín Oficial do Estado do día 16 de decembro de 2017.
4. Neste prego especifícanse os requisitos que deben cumprir os solicitantes de licenzas no relativo a personalidade, capital social, obxecto social, etc.
5. Os solicitantes de licenzas deberán ser sociedades anónimas de Espa?a ou equivalentes dun país do Espazo Económico Europeo, cun capital social mínimo de sesenta mil euros e con obxecto social único a organización, comercialización e explotación de xogos.
6. Tamén se especifica a documentación que deben presentar os interesados xunto coas súas solicitudes de licenzas xerais, así como o Contido do Plan operativo que deben presentar os solicitantes e o contido do proxecto técnico do operador solicitante.
7. Os sistemas técnicos dos solicitantes deberán adaptarse ás previsións contidas no Real decreto 1613/2011, do 14 de novembro, polo que se desenvolve a Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo, no relativo aos requisitos técnicos das actividades de xogo, e na súa normativa de desenvolvemento, en especial na Resolución do 6 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, pola que se aproba a disposición pola que se desenvolven as especificacións técnicas de xogo, trazabilidade e seguridade que deben cumprir os sistemas técnicos de xogo de carácter non-reservado obxecto de licenzas outorgadas ao abeiro da Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo.
8. A presentación da solicitude de licenza xeral e da documentación adxunta deberá realizarse por medios electrónicos a través do procedemento previsto na Sede Electrónica da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo. O prazo de presentación de solicitudes, de acordo co disposto no prego de bases, expirará o próximo 17 de decembro de 2018, ás 13:00 horas.
Unha vez que se peche o prazo de presentación de solicitudes, xa non será posible presentar unha solicitude de obtención de licenza xeral ata que se publique unha nova convocatoria.
9. Os operadores interesados deberán achegar, no momento de presentación da solicitude, o documento que acredite a constitución da garantía vinculada a cada licenza xeral que se solicite. O importe das garantías é de dous millóns de euros para a presentación dunha solicitude de licenza xeral, agás para o caso de licenza xeral de concursos, que é de cincocentos mil euros.
10. En canto ás Taxas pola xestión administrativa do xogo pola presentación de solicitude de licenza xeral, estas serán as seguintes:
11. O prazo para a resolución das solicitudes presentadas é de seis meses contados a partir do día seguinte á súa presentación. O silencio administrativo terá efectos estimativos.
12. No prazo de catro meses contados a partir da data de outorgamento da licenza xeral, os operadores deberán presentar o informe de certificación definitiva dos sistemas técnicos do operador, na forma e condicións establecidas no Real decreto 1613/2011, de 14 de novembro, e na Resolución do 6 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, pola que se aproba a disposición que establece o modelo e contido do informe de certificación definitiva dos sistemas técnicos dos operadores de xogo e se desenvolve o procedemento de xestión de cambios.