Aviso Legal

Os dominios en Internet https://www.dgojuego.minhap.gob.es e https://www.chocolate-fountain-directory.com son de titularidade da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo.

?
O uso deste sitio web implica a expresa e plena aceptación das presentes condicións xerais na versión publicada no momento en que o usuario acceda a este, sen prexuízo das condicións particulares que puidesen aplicarse a algúns dos contidos ou servizos do sitio web. En todo caso, a actualización da información e servizos non é inmediata, polo que poden existir desfases nesta. Suxerímoslle que comprobe sempre a vixencia e exactitude da información, servizos e contidos recollidos nesta.
?

  • Condicións xerais de uso do portal web
    ?
    A información obtida a través deste sitio web e das respostas ás cuestións formuladas nas súas caixas de correo, cumpre unha función de información xeral e atención ao cidadán nos termos establecidos no artigo 4 do Real decreto 208/1996, polo que en ningún caso poderá derivarse efecto xurídico vinculante ningún.

    ?

    Os contidos dos artigos e documentos situados neste sitio web son de exclusiva responsabilidade dos seus correspondentes autores, sen que necesariamente recollan o criterio da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo e/ou dos profesionais que a integran.

    ?

    Co fin de mellorar as prestacións do sitio web, a Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, resérvase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación aos usuarios, a modificar ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos do sitio web, de forma unilateral.
    ?

    • Enlaces e hiperenlaces
      ?
      Estas modificacións poderán afectar aos hiperenlaces contidos no sitio web, que poden dirixir a páxinas webs de terceiros. A Dirección Xeral de Ordenación do Xogo non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que puidesen aparecer nos devanditos sitios, cuxas páxinas non lle pertencen, nin fai unha revisión dos seus contidos, que terán exclusivamente carácter informativo e que non necesariamente implican relación coas persoas ou entidades titulares de tales contidos ou dos sitios onde se encontren.
      ?
      Respecto ao enlace do propio dominio, o establecemento do hiperenlace non implica en ningún caso a existencia de relacións entre a Dirección Xeral de Ordenación do Xogo e o propietario da páxina web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte deste dos seus contidos ou servizos. Polo tanto, non se declarará nin se dará a entender que o Ministerio autorizou expresamente o hiperenlace nin que supervisou ou asumido de calquera forma os servizos ofrecidos ou postos a disposición na páxina web dende a que se establece o hiperenlace.
      ?
      A Dirección Xeral de Ordenación do Xogo non se responsabiliza en modo ningún nin garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o establecemento do hiperenlace poida ofrecer. O usuario ou a usuaria asumen baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso á páxina web do hiperenlace.
      ?
      A páxina web na que se estableza o hiperenlace non poderá conter ningunha marca, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes á Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, agás aqueles signos que formen parte do mesmo hiperenlace.
      ?
      A páxina web na que se estableza o hiperenlace non conterá informacións con contidos ilícitos, contrarios á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados, así como tampouco conterá contidos contrarios a calquera dereitos de terceiros.
      ?
    • Versión multilinguaxe
      ?
      O portal web da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo está traducido a varias linguas espa?olas oficiais nos seus respectivos territorios, de conformidade co establecido no artigo 3 da Constitución Espa?ola de 1978 e os seus Estatutos de autonomía. As linguas son o catalán, o éuscaro e o galego. Tamén está traducido a unha lingua estranxeira (inglés).
      ?
      O contido do portal está traducido a diferentes niveis de profundidade. Exclúese da tradución os apartados de "Novidades" e "O máis visitado da Home do portal", dada a inmediatez dos cambios formulados neste, así como as normas xurídicas.
      ?
      Advírtese que con carácter xeral, pode existir un desfase entre a versión en castelán e nas outras linguas, derivadas do proceso de tradución a estas.

?

  • Condicións xerais de reutilización
    ?
    • Obrigatoriedade das condicións xerais
      ?
      As presentes condicións xerais, dispo?ibles con carácter permanente baixo www.datos.gob.es/avisolegal, vincularán calquera axente reutilizador polo mero feito de facer uso dos documentos sometidos a elas. Para estes efectos enténdese por axente reutilizador toda persoa, física ou xurídica que reutilice información do sector público, xa sexa para fins comerciais ou non comerciais.
      ?
    • Autorización de reutilización e cesión non exclusiva de dereitos de propiedade intelectual.
      ?
      As presentes condicións xerais permiten a reutilización dos documentos sometidos a elas para fins comerciais e non comerciais. Enténdese por reutilización o uso de documentos que obran en poder dos órganos da Administración Xeral do Estado e os demais organismos e entidades do sector público estatal referidos no artigo 1.2 do Real decreto 1495/2011, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público estatal, por persoas físicas ou xurídicas, con fins comerciais ou non comerciais, sempre que o devandito uso non constitúa unha actividade administrativa pública. A reutilización autorizada inclúe, a modo ilustrativo, actividades como a copia, difusión, modificación, adaptación, extracción, reordenación e combinación da información.
      ?
      O concepto de documento é o establecido no apartado 2 do artigo 3 da Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público, polo que comprende toda información calquera que sexa o seu soporte material ou electrónico así como a súa forma de expresión gráfica, sonora ou en imaxe utilizada, incluíndo, en consecuencia, tamén os datos nos seus niveis máis desagregados ou "en bruto".
      ?
      Esta autorización leva consigo, así mesmo, a cesión gratuíta e non exclusiva dos dereitos de propiedade intelectual, se é o caso, correspondentes a tales documentos, autorizándose a realización de actividades de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación, necesarias para desenvolver a actividade de reutilización autorizada en calquera modalidade e baixo calquera formato, para todo o mundo e polo prazo máximo permitido pola Lei.
      ?
    • Condicións xerais para a reutilización.
      ?
      Son de aplicación as seguintes condicións xerais para a reutilización dos documentos sometidos a elas:
      ?
      1. Está prohibido desnaturalizar o sentido da información.
      2. Debe citarse a fonte dos documentos obxecto da reutilización. Esta cita poderá realizarse do seguinte xeito: "Orixe dos datos: "Dirección Xeral de Ordenación do Xogo"
      3. Debe mencionarse a data da última actualización dos documentos obxecto da reutilización, sempre cando estivese incluída no documento orixinal.
      4. Non se poderá indicar, insinuar ou suxerir que a Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, titular da información reutilizada participa, patrocina ou apoia a reutilización que se leve a cabo con ela.
      5. Deben conservarse, non se alterar nin se suprimir os metadatos sobre a data de actualización e as condicións de reutilización aplicables incluídos, no seu caso, no documento posto a disposición para a súa reutilización.

      ?

    • Exclusión de responsabilidade.
      ?
      A utilización dos conxuntos de datos realizarase por parte dos usuarios ou axentes da reutilización baixo a súa propia conta e risco, correspondéndolles en exclusiva a eles responder fronte a terceiros por danos que puidesen derivarse dela.
      ?
      A Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, non será responsable do uso que da súa información fagan os axentes reutilizadores nin tampouco dos danos sufridos ou perdas económicas que, de forma directa ou indirecta, produzan ou poidan producir prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provocados polo uso da información reutilizada.
      ?
      A Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, non garante a continuidade na posta a disposición dos documentos reutilizables, nin en contido nin en forma, nin asume responsabilidades por calquera erro ou omisión contido neles.
      ?
    • Responsabilidade do axente reutilizador.
      ?
      O axente reutilizador áchase sometido á normativa aplicable en materia de reutilización da información do sector público, incluíndo o réxime sancionador previsto no artigo 11 da Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público.

?

  • Dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre o dese?o, logos e outras imaxes do portal web da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo. Frames.
    ?
    Tanto o dese?o do portal e os seus códigos fonte, coma os logos, marcas e demais signos distintivos que aparecen neste pertencen á Dirección Xeral de Ordenación do Xogo e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial. Esta protección afecta igualmente ás imaxes contidas neste.
    ?
    O seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga, queda totalmente prohibida salvo que medie expresa autorización desta Dirección Xeral. A licenza de uso dos elementos especificados neste apartado deste portal, outorgada ao usuario limítase á descarga por parte do usuario do devandito contido e o uso privado deste, sempre que os citados contidos permanezan íntegros.
    ?
    A Dirección Xeral de Ordenación do Xogo declara o seu respecto aos dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros; por iso, se considera que este sitio puidese estar a vulnerar os seus dereitos, agradecerémoslle que se po?a en contacto connosco a través do webmaster do portal.
    ?
    A Dirección Xeral de Ordenación do Xogo prohibe expresamente a realización de "framings" ou a utilización por parte de terceiros de calquera outros mecanismos que alteren o dese?o, configuración orixinal ou contidos do seu portal.

?

  • Protección de datos de carácter persoal.
    ?
    Os datos persoais solicitados nos servizos de caixas de correo e subscricións desta web utilizaranse, con carácter único e exclusivo, para os fins previstos no procedemento ou actuación dos que se trate, así como a xestión das contas de usuario e comunicación co interesado de acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.?
    ?
    O usuario ou a usuaria poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición e limitación de tratamento de acordo coas especificacións recollidas en cada unha das caixas de correo e/ou formularios de subscrición e, en todo caso, mediante a presentación dunha solicitude dirixida á Dirección Xeral de Ordenación do Xogo como responsable do tratamento dos seus datos, ou a través da rede de oficinas de asistencia en materia de rexistros?(https://administracion.gob.es).

?

  • Lei aplicable e xurisdición
    ?
    A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este aviso legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos do presente portal, será a lei espa?ola. Para a resolución do calquera conflito que poida xurdir con ocasión da visita ao portal ou o uso dos seus servicios, a Dirección Xeral de Ordenación do Xogo e o usuario ou a usuaria acordan someterse aos xuíces e tribunais do domicilio do usuario ou usuaria, sempre que estea situado en territorio espa?ol.

?