Prestadores de servizos de intermediación e medios de pagamento electrónico
Calquera xogo que se ofreza en Espa?a sen dispo?er dun título habilitante obtido en Espa?a representa xogo ilegal.
Por servizo de intermediación enténdese calquera servizo da sociedade da información polo que se facilita a prestación ou utilización doutros servizos da sociedade da información ou o acceso á información.
Son servizos de intermediación a provisión de servizos de acceso a Internet, a transmisión de datos por redes de telecomunicacións, a realización de copia temporal das páxinas de Internet solicitadas polos usuarios, o aloxamento nos propios servidores de datos, aplicacións ou servizos subministrados por outros e a provisión de instrumentos de busca, acceso e recompilación de datos ou de enlaces a outros sitios de Internet.
A cooperación cos prestadores de servizos da sociedade da información e medios de pagamento electrónico enmárcase principalmente na persecución do xogo ilegal. Esta colaboración adquire especial importancia cando o xogo se realiza a través de canles telemáticas (internet, telefónico, SMS ou outros).
Con esta finalidade, a Lei 13/2011 de regulación do xogo introduce dous tipos de requirimentos que tanto os prestadores da sociedade da información coma os medios de pagamento deberán atender e executar:
O incumprimento dos requirimentos podería ser constitutivo dunha infracción grave (artigo 40.e).