?
A Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo prevé a posibilidade de que a Dirección Xeral de Ordenación do Xogo asine acordos de corregulación que coadxuven ao cumprimento das obrigas establecidas na Lei, en particular, no referido á publicidade, nos termos que se determinen regulamentariamente. Os sistemas de autorregulación dotaranse de órganos independentes de control para asegurar o cumprimento eficaz dos compromisos asumidos polas empresas adheridas.
?
O fomento da autorregulación xa se plasmaba na Directiva 84/450/CEE sobre publicidade enganosa, que afirma que xunto aos instrumentos administrativos e xudiciais, "os controis voluntarios exercidos por organismos autónomos para suprimir a publicidade enganosa poden evitar o recurso a unha acción administrativa ou xudicial e que por iso deberían fomentarse. Máis recentemente, a Directiva 2005/29/CE sobre prácticas desleais cos consumidores prevé que os Estados membros poidan fomentar o control das prácticas comerciais desleais por parte dos responsables de códigos de conduta, sumado o devandito mecanismo de control aos procedementos administrativos ou xudiciais que se habiliten para reprimir as prácticas desleais, facéndoas cesar ou prohibíndoas.
?
De igual forma, dentro do sistema xurídico espa?ol, a Lei 34/1988, do 11 de novembro, xeral de publicidade, sinala que as normas procesuais que rexen en materia de represión e sanción da publicidade ilícita (actualmente recollidas na Lei de axuízamento civil) se aplicarán "sen prexuízo do control voluntario da publicidade que para o efecto poida existir, realizado por organismos de autodisciplina,".
?
A previsión sobre os acordos de autorregulación da Lei 13/2011 foi desenvolvida regulamentariamente na disposición adicional sétima do Real decreto 1614/2011, de 14 de novembro, polo que se desenvolve a lei 13/2011, de 27 de maio, no relativo a licenzas, autorizacións e rexistros do xogo, na que, ademais de conter as previsións legais que desenvolve, determina o establecemento dunha comisión mixta para o seguimento dos acordos de corregulación, algunhas causas de denuncia dos mesmos e fíxase a obriga de publicar na web da Comisión Nacional do Xogo os acordos de autorregulación, así como os Códigos de Conduta que aceptase.
?
?
Anexos do Acordo:
Anexo I "representantes das empresas adheridas ao Código de conduta sobre comunicacións comerciais das actividades de xogo". Listaxe de empresas.
Anexo II "Código de Conduta sobre comunicacións comerciais das actividades de xogo".