Nota informativa modificacións código de conduta
04/06/2013

NOTA INFORMATIVA RELATIVA áS MODIFICACIóNS INTRODUCIDAS NO CODIGO DE CONDUTA SOBRE COMUNICACIóNS COMERCIAIS DAS ACTIVIDADES DE XOGO

?

A Comisión Mixta de Seguimento do Código de Conduta sobre comunicacións comerciais das actividades de xogo no ámbito das súas funcións, entre elas realizar as propostas de mellora e revisión do Código que considere oportunas, aprobou na súa reunión do día 12 de marzo de 2013, as seguintes modificacións do referido Código de Conduta (subli?adas e en cursiva):

?

  • Engádese unha alínea 4.2 á Norma ética 4
    • 4.- Principio de veracidade
    • 4.1.- As comunicacións comerciais deben ser veraces. Por conseguinte, non deben ser susceptibles de inducir a erro os seus destinatarios, nin tampouco deben omitir ou silenciar datos substanciais ou feitos relevantes se a devandita omisión é apta para inducir a erro os destinatarios.
    • 4.2.- Naqueles supostos nos que a actividade de xogo sexa publicitada ou promovida por un anunciante distinto do operador, aquel estará obrigado a informar claramente sobre este feito e da identidade do operador de xogo con licenza que realiza a organización e explotación da actividade de xogo.

?

  • ?Modifícase a composición da Comisión Mixta de Seguimento
    • 3.- Comisión Mixta de Seguimento
    • 3.1.- Créase unha Comisión Mixta de Seguimento deste Código, que estará formada polo titular da Dirección Xeral Ordenación do Xogo ata a efectiva constitución da Comisión Nacional do Xogo, ou neste caso, polo seu Presidente -que exercerá a presidencia da Comisión-, un representante do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (ou do Consello Estatal de Medios Audiovisuais), un representante do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, cinco representantes do sector dos operadores de xogo, dous representantes do resto de cada un dos sectores adheridos ao Código (prestadores do servizo de comunicación audiovisual televisiva, prestadores do servizo de comunicación audiovisual radiofónica, prestadores de servizos da sociedade da Información, e editores de prensa), e un representante de Autocontrol con voz pero sen voto, que exercerá as funcións de Secretaría da Comisión.

?

  • Engádese unha alínea 2.3.6 á Norma de aplicación 2
    • 2.- Control do cumprimento do Código
    • 2.3.- Consulta previa
    • 2.3.6. Cando a solicitude de consulta previa ou "copy advice" sexa realizado por un medio de comunicación adherido ao Código, o Gabinete Técnico de Autocontrol enviará o seu informe a todos os medios adheridos a este Código, salvo que, excepcionalmente, e por tratarse dunha acción especial e propia, o medio solicitante expresamente pida a Autocontrol que mante?a a confidencialidade sobre a devandita consulta.
      No informe de consulta previa non se fará mención ao medio solicitante. Do mesmo modo, AUTOCONTROL manterá informada á DXOX e á SETSI sobre cantos informes emita facilitándolle copia destes e o acceso as fontes documentais co fin de telos en consideración aos efectos do exercicio das súas competencias.

?

De acordo co disposto na alínea 5.3 (Revisión do Código) das Normas de aplicación do Código, as modificacións arriba sinaladas notificáronse o pasado 19 de marzo a todas as empresas adheridas ao Código de Conduta entrando, polo tanto, en vigor as referidas modificacións o día 20 de maio.

?

Ningunha das entidades adheridas ao Código de Conduta notificou formalmente o seu rexeitamento ás modificacións arriba mencionadas e a súa conseguinte desvinculación do Código, tal e como se prevé no citado apartado 5.3 do Código de Conduta.

Descargar documento

Temas relacionados: