D. Juan Espinosa García é Licenciado en Dereito e pertence ao Corpo Superior de Administradores Civís do Estado dende 2004. é profesor de Administrative Law no IE University. Conta cun Master of Science en European and International Politics pola Universidade de Edimburgo e un Master of Arts en Economics in Competition Law polo King's College, da Universidade de Londres.
Tras ostentar distintas posicións relacionadas coa análise xurídica e económica das operacións de concentración empresarial no extinto Tribunal de Defensa da Competencia, dende 2008 ata a data era subdirector de Relacións coas Administracións Públicas da Comisión Nacional da Competencia, unidade encargada de analizar o impacto sobre a competencia da actividade regulatoria e administrativa do sector público nos distintos ámbitos da actividade económica
Se quere buscar algunha noticia en concreto, utilice o Buscador de Noticias