Cálculo do díxito de control do NIF/NIE

A expedición dos DNI's vén regulados polo Real decreto 1553/2005 de 23 de decembro que no seu artigo 11 indica que conterá o número persoal do Documento Nacional de identidade e carácter de verificación correspondente ao Número de Identificación Fiscal.

Para verificar o NIF de espa?ois residentes maiores de idade, o algoritmo de cálculo do díxito de control é o seguinte:

  • Divídese o número entre 23 e o resto substitúese por unha letra que se determina por inspección mediante a seguinte táboa:

?

RESTO 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
LETRA T R W A G M Y F P D X B

?

RESTO 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22
LETRA N J Z S Q V H L C K E

?

Por exemplo, se o número do DNI é 12345678, dividido entre 23 dá de resto 14, logo a letra sería a Z: 12345678Z.

Os NIE's de estranxeiros residentes en Espa?a te?en unha letra (X, E, Z), 7 números e díxito de control.

Para o cálculo do díxito de control substitúese:

  • X 0
  • Y 1
  • Z 2

e aplícase o mesmo algoritmo que para o NIF.