I Foro Espa?ol de Xogo Responsable
"Dando resposta ás demandas sociais sobre os xogos de azar"

O día 5 de Abril de 2013, a Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade e a Secretaría de Estado de Facenda convocaron o primeiro Foro Espa?ol de Xogo Responsable.
?
Dende a entrada en vigor da Lei 13/2011, de regulación do xogo, as administracións públicas te?en o mandato de contribuír a alcanzar os principais obxectivos da mesma que son "o mantemento da orde pública, a prevención das condutas aditivas, a protección dos menores e a salvagarda dos dereitos dos participantes. " En definitiva, o principal obxectivo da Lei é o da protección: protección dos usuarios, protección dos menores, protección dos grupos vulnerables.
?
Por iso, lanzouse a Iniciativa de Xogo Responsable para Espa?a dirixida a asegurar o cumprimento homoxéneo dos requisitos de protección por todos os operadores de xogo, e a conseguir o dese?o dunha estratexia sectorial conxunta de Xogo Responsable. Trátase, en definitiva, dun esforzo integrado entre administracións públicas e operadores que permita unha maior eficacia á hora de minimizar os posibles danos que o xogo poida producir á sociedade.
?
A creación dun Consello Asesor de Xogo Responsable formado por representantes da industria do xogo, das asociacións de afectados pola adicción ao xogo, e por expertos na problemática do xogo, foi un primeiro paso no dese?o dunha estratexia común de Xogo Responsable.
?
O Foro Espa?ol de Xogo Responsable pretende ser un instrumento de sensibilización nun momento no que a oferta e a publicidade do xogo están máis presentes e ubicuas na nosa sociedade. O Foro é tamén un convite á sociedade no seu conxunto, ás institucións e aos operadores, a participar na reflexión sobre a mellor estratexia de Xogo Responsable a seguir.
?
O Foro estrutúrase en tres paneis. No primeiro deles, distintos operadores de xogo tanto presencial como online debaterán sobre as respostas que estes ofrecen ante os problemas que eventualmente poidan detectar en determinados xogadores. No segundo panel, distintos actores da sociedade civil debaterán sobre a incidencia dos problemas do xogo e dos mecanismos de prevención e tratamento. No terceiro e último panel, analizarase o impacto das actividades de promoción e patrocinio por parte dos operadores de xogo e as súas repercusións sociais.
?
O Xogo Responsable é, sen dúbida, unha tarefa de todos, de toda a sociedade, e en particular dos reguladores e dos operadores do sector do xogo. O reto conxunto é o de conseguir establecer os mecanismos máis efectivos de protección para toda a poboación espa?ola en risco, independentemente do xogo no que participen, e que se o fan de forma presencial ou online, ou da Comunidade Autónoma en que vivan. Unha estratexia compartida permitirá ofrecer unha verdadeira protección aos colectivos vulnerables e aos cidadáns en xeral.
?
Programa I Foro Espa?ol de Xogo Responsable

Subtitle: 
"Dando resposta ás demandas sociais sobre os xogos de azar"