Rifa: Aquela modalidade de xogo consistente na adxudicación dun ou varios premios mediante a celebración dun sorteo ou selección por azar, entre os adquirentes de soportes de participación de carácter material, informático, telemático ou interactivo, nunha data determinada, e sempre que para participar sexa necesaria a realización dunha achega económica.
As rifas poden ter carácter permanente ou ocasional. A modalidade de xogo de rifa permanente non se haxa regulada polo tanto non é posible a organización e comercialización de ditas Rifas ao ter a consideración legal de prohibidas de acordo cos disposto no artigo 5.3 da Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo.
Na actualidade só é posible a realización de Rifas que te?an carácter ocasional ou esporádico, entendéndose por tal aquel xogo que non se celebra periódica ou permanentemente ou, existindo periodicidade, esta é, como mínimo, anual. Así mesmo, os xogos ocasionais ou esporádicos non poden formar parte da actividade ordinaria das entidades que os organizan.
O obxecto da Rifa pode ser un ben moble, inmoble, semovente ou dereitos ligados a estes, pero nunca poderá consistir en premios monetarios.
As solicitudes de autorización para a celebración de Rifas ocasionais e a súa documentación a achegar será a seguinte:
Na solicitude de Rifa deberán constar os seguintes datos:
Xunto coa solicitude deberán achegar a seguinte documentación:
A partir do 2 de outubro de 2016, entra en vigor o artigo 14.2 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do cal as persoas xurídicas estarán obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo.
En cumprimento do citado precepto e concordantes, a partir da data indicada, calquera solicitude, e documentación que a acompa?e, dirixida á Dirección Xeral de Ordenación do Xogo (DGOX), deberase presentar facendo uso da sede electrónica do órgano, polo que non se admitirán a trámite aquelas solicitudes que eventualmente poidan ser presentadas por calquera outro medio, suposto este último no que se requirirá ao interesado posterior emenda mediante presentación electrónica.
O formulario electrónico para a realización da devandita presentación electrónica encóntrase na sede electrónica desta Dirección Xeral.
REQUISITOS ECONóMICOS
Xustificación de ter realizado o pagamento da taxa que no momento actual ascende a 100 euros. Formulario taxa
No caso de realizar o pagamento telemático da taxa, o xustificante deste poderá ser incorporado á solicitude electrónica. No caso de realizar o pagamento de forma presencial nunha entidade bancaria, deberá achegar unha imaxe escaneada deste na solicitude electrónica, así como presentar o xustificante orixinal na oficina de rexistro da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo (rúa Atocha, 3, Madrid 28012) ou nunha oficina de rexistro habilitada de calquera administración pública?
Máis información sobre a taxa de xogo
?
OUTROS REQUISITOS
A Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, poderá establecer requirimentos especiais, incluída a constitución de garantías, naqueles casos en que o valor do premio ou premios ofertados ou as especiais condicións dalgunha das rifas solicitadas así o aconselle.
?
RéXIME FISCAL
As persoas, físicas ou xurídicas, que realicen Rifas estarán suxeitos ao pagamento do Imposto sobre actividades de xogo, nas condicións e co tipo de gravame que se establece no artigo 48 da Lei 13/2011. Este tipo é o 20 % dos ingresos brutos que se obte?a pola participación no xogo, así como calquera outro ingreso que se poida obter, directamente derivado da organización ou celebración da Rifa. No caso de Rifas que sexan declaradas benéficas ou de utilidade pública, o tipo será do 7%.
A xestión, recadación, liquidación e inspección do imposto corresponderá á Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Igualmente, as persoas, físicas ou xurídicas, que realicen Rifas estarán obrigados a practicar os ingresos no Tesouro, en concepto de pagamento á conta do Imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ao perceptor, que se deriven da normativa vixente en cada momento para ese Imposto.
A explotación e organización de xogos que te?an carácter ocasional ou esporádico require a obtención previa da autorización correspondente. O outorgamento destas autorizacións corresponde á Dirección Xeral de Ordenación do Xogo.
Enténdese por xogo ocasional ou esporádico aquel xogo que non se celebra periódica ou permanentemente, ou, existindo periodicidade, esta é, como mínimo, anual. Os xogos ocasionais ou esporádicos non forman parte da actividade ordinaria das entidades que os organizan.
AUTORIZACIóNS: a celebración de calquera actividade de xogo das que figuran na Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo, que te?a o carácter de ocasional deberá contar coa previa autorización emitida pola DXOX.
PROCEDEMENTO DE AUTORIZACIóN
Presentación das solicitudes de autorización ante a DXOX, que resolverá no prazo dun mes. Transcorrido ese prazo sen que se tivese notificado resolución expresa, a solicitude entenderase desestimada por silencio.
REQUISITOS DAS SOLICITUDES
Requisitos administrativos:
A partir do 2 de outubro de 2016, entra en vigor o artigo 14.2 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do cal as persoas xurídicas estarán obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo.
En cumprimento do citado precepto e concordantes, a partir da data indicada, calquera solicitude, e documentación que a acompa?e, dirixida á Dirección Xeral de Ordenación do Xogo (DGOX), deberase presentar facendo uso da sede electrónica do órgano, polo que non se admitirán a trámite aquelas solicitudes que eventualmente poidan ser presentadas por calquera outro medio, suposto este último no que se requirirá ao interesado posterior emenda mediante presentación electrónica.
O formulario electrónico para a realización da devandita presentación electrónica encóntrase na sede electrónica desta Dirección Xeral.
Requisitos económicos: Acreditar a suficiente solvencia económica para afrontar o pagamento do premio. Xustificar o pagamento da taxa que no momento actual ascende a 100 euros. Formulario taxa
En el cas de fer el pagament telemàtic de la taxa, el justificant d’aquest es podrà incorporar a la sol·licitud electrònica. En el cas de fer el pagament de manera presencial en una entitat bancària, n’haureu d’adjuntar una imatge escanejada a la sol·licitud electrònica, i presentar el justificant original a l’oficina d’inscripcions de la Direcció General d’Ordenació del Joc (c/ Atocha, 3, Madrid 28012) o a una oficina d’inscripcions habilitada de qualsevol Administració pública
Més informació sobre la taxa de joc
Requisitos técnicos: Acreditar a solvencia técnica para o correcto desenvolvemento do xogo
RéXIME FISCAL
As persoas, físicas ou xurídicas, que obte?an a autorización para a celebración de actividades de xogo de carácter ocasional estarán suxeitos ao pagamento do Imposto sobre actividades de xogo, nas condicións e cos tipos de gravame que se establecen no artigo 48 da Lei 13/2011.
A xestión, recadación, liquidación e inspección do imposto corresponderá á Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Aqueles sorteos que, con finalidade exclusivamente publicitaria ou de promoción dun produto ou servizo, e tendo como única contraprestación o consumo do produto ou servizo, sen sobreprezo nin tarificación adicional ningunha, ofrecen premios en metálico, especie ou servizos, esixindo, no seu caso, a condición de cliente da entidade obxecto da publicidade ou promoción.
As combinacións aleatorias con fins publicitarios ou promocionais están excluídas do ámbito de aplicación da Lei de regulación do xogo, con excepción do establecido en relación ao Imposto sobre actividades de xogo, polo que para a súa realización non é precisa a obtención de licenza ou autorización ningunha, nin a realización de comunicación previa á Dirección Xeral de Ordenación do Xogo. Polo tanto, a súa realización quedará sometida ás normas xerais do dereito mercantil e civil que lles poidan resultar de aplicación.
RéXIME FISCAL
Non obstante, o anterior, as persoas, físicas ou xurídicas, que realicen combinacións aleatorias con fins publicitarios ou promocionais estarán suxeitos ao pagamento do Imposto sobre actividades de xogo, nas condicións e co tipo de gravame que se establece no artigo 48 da Lei 13/2011. Este tipo é o 10 % do importe total do valor de mercado dos premios ofrecidos ou vantaxes concedidas aos participantes.
A xestión, recadación, liquidación e inspección do imposto corresponderá á Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Igualmente, as persoas, físicas ou xurídicas, que realicen combinacións aleatorias con fins publicitarios ou promocionais estarán obrigados a practicar as retencións e/ou ingresos no Tesouro, en concepto de pagamento á conta do Imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ao perceptor que se deriven da normativa vixente en cada momento para ese imposto.